Dominó para mellorar as relacións persoais

15/09/2015

Actividades lúdicas nas mañás dos martes.

Nas mañás dos martes, antes do xantar, as persoas usuarias de Sarela reúnense nas dúas salas polivalentes do centro para practicar diferentes xogos de mesa e pasar un bo rato xuntas. Aprenden a pasalo ben cos compañeiros e compañeiras ao tempo que axudan a manter as súas capacidades.
 
O dominó, o parchís ou diferentes xogos de cartas serven para pasalo ben, pero tamén son un reto á hora de manter a concentración e adestrar a memoria. Cómpre prestar atención aos movementos dos contrincantes, planificar xogadas e lembrar que estratexia se segue; por iso esta actividade resulta útil, como reforzo para o mantemento de capacidades.
 
Pero, sobre todo, os xogos de mesa serven como actividade lúdica. As persoas usuarias de Sarela valoran o tempo de lecer que pasan con eles, e melloran as relacións interpersoais de todo o grupo. Grazas a esta convivencia poden, tamén, ser quen de aprender a xerar lazos de unión fóra do ámbito do centro, sendo esta unha experiencia gratificante que incrementa a súa inclusión social, mellorando, tamén, a súa calidade de vida.
 
Cada martes o grupo reúnese e escolle diferentes xogos entre as cartas, o parchís e o dominó. Repártense en diferentes mesas e salas e comeza a sesión de diversión e convivencia.
 
    Xogando ás cartas Xogando ás cartas Dominó Dominó Parchís
Categorías: Sarela
Tags: actividades

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información