Encarga a túa taza solidaria con Sarela

09/04/2014

Editadas polo Biduído S.R.

O club de fútbol Biduído S.R. colabora con Sarela promovendo diferentes actividades solidarias ao longo de 2014. Teñen previso facer rifas, vender produtos e organizar eventos a través dos que promocionar a asociación e recadar fondos para a mesma.
 
O inicio desta campaña solidaria por parte do Biduído S.R. márcao a edición desta taza solidaria, da que xa se poden facer encargos. A taza leva unha ilustración, o lema do movemento asociativo do dano cerebral: "unha vida salvada merece ser vivida", e o logo da asociación. Pódese encargar en Sarela por só 7 euros.
 
    Cartel Taza Solidaria Taza solidaria Encarga a túa taza solidaria
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información