• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

Noticias

Sarela quere coñecer a realidade dos seus socios e socias en relación ás novas tecnoloxías

Sarela quere coñecer a realidade dos seus socios e socias en relación ás novas tecnoloxías

Nos últimos meses, e como consecuencia da situación sanitaria, Sarela está a poñer en marchar iniciativas nas que as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental para a súa realización e aproveitamento polas familias como son a formación e as actividades a distancia. A enquisa busca saber a situación das familias no referente ao uso das novas tecnoloxías e buscar solucións aos problemas.

 

Sarela é consciente que a dixitalización non se está dando por igual en todas as capas sociais e contornos provocando desequilibrios, a fenda dixital, que trae consigo diferentes consecuencias como a incomunicación e o illamento, é unha barreira ao coñecemento, acentúa as diferenzas sociais e supón un elemento máis de discriminación de xénero pois a fenda dixital afecta máis ás mulleres que ós homeso.

 

Por iso Sarela está a poñer en marcha diferentes iniciativas para facilitar o acceso á tecnoloxía ás familias e por iso está a realizar esta enquisa para coñecer o acceso, dominio e necesidades que as familias teñen en relación ás novas tecnoloxías.

 

A cada familia facilitouse por correo electrónico as instrucións para participar na mesma.

 

Categorías: Sarela
Tags: familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar