"Entro cun ictus, saio cun DCA"

11/06/2018

Ese é o lema da nova que lanzamos as entidades de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e coa que queremos cambiar o foco desde as causas ás secuelas cando falamos de DCA. Estas últimas, variadas e complexas, son as que determinarán o proceso de rehabilitación e, o que é máis importante, a vida da persoa e da súa familia.

Co fin de axudar á sociedade a previr a lesión cerebral, a campaña “Entro cun Ictus, saio cun Dano Cerebral” da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) e das 36 entidades que a integran, pretende sensibilizar á poboación sobre a importancia de recoñecer os accidentes cerebrovasculares (ACV) ou Ictus, así como a súa consecuencia, o Dano Cerebral Adquirido.



“Entro cun Ictus, saio cun DCA” trata de concienciar sobre a necesidade de ter un sistema accesible que garanta a atención universal e inclusiva ao Dano Cerebral e que poida incluír ás familias como beneficiarias.



Para logralo, esta iniciativa susténtase en dous vídeos que teñen como  protagonistas unha persoa con dano cerebral da asociación APANEFA (Madrid) e un familiar de ADACE CLM (Castela A Mancha), que narran a súa experiencia persoal ao entrar no hospital cun ictus, a situación na que se atopan ao sobrevivir á lesión e a condición de ter como consecuencia un DCA para sempre.



Ademais, a campaña estará presente en redes sociais co hashtag #IctusEsDCA, para todo aquel que queira sumarse e en Madrid será mostrada nas estacións e vagones da rede de transporte público grazas á colaboración de Metro Lixeiro de Madrid.



O Accidente Cerebro Vascular (ACV) ou Ictus, palabra pola que é máis coñecido, supón o 78% dos máis de 100.000 novos casos anuais que provocan Dano Cerebral Adquirido en España. As persoas que sobreviven a esta lesión, enfróntanse coa posibilidade de ter secuelas de tipo funcionais e/ou cognitivas como hemiplexías, dificultades na linguaxe, rixidez muscular ou alteracións da conduta polo que se fai máis necesario dotar á sociedade de coñecemento sobre a consecuencia, o Dano Cerebral.

 

Texto da nova: FEDACE

Categorías: FEDACE , Ictus
Tags: FEDACE, ictus
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información