Escapada no río Miño

18/09/2018

O sábado 15 de setembro usuarios e profesionais do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) desfrutaron dun magnífico día de lecer en Goián, unha parroquia do Concello de Tomiño. Fixeron unha ruta polo río Miño grazas á adaptación do embarcadoiro e á iniciativa do Club Deportivo Amarras para adquirir dúas lanchas que permiten o acceso e navegación segura a persoas con cadeira de rodas. Esta xornada de lecer foi posible grazas á colaboración de FEGADACE.

O día comezou cedo para chegar a unha boa hora a Goián, no Concello fronteirizo con Portugal de Tomiño. No espazo acondicionado ao carón da fortaleza como parque e praia fluvial esperábannos os amigos do Clube Deportivo Sen Amarras que naceu para favorecer a participación das persoas con mobilidade en todo o que ten que ver o lecer e a práctica deportiva naútica.

Grazas á colaboración do clube, do Concello de Tomiño e da Xunta de Galicia no mes de maio inaugurouse o que é o primeiro embarcadoiro adaptado no Miño. Pola súa banda Sen Amarras xestionou a adquisición de dúas lanchas que permiten acceder por proa de forma segura ás cadeiras de rodas e o seu axeitado acomodo.

En dúas quendas fixemos un paseo polo Espazo Natural do Río Miño e ao remate xantamos nunha zona cuberta no mesmo parque. Foi un día que lembraremos e que recomendamos a todo o mundo.

Categorías: Sarela
Tags: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información