ESTAMOS DE VOLTA EN SARELA!!!

16/06/2020

Hoxe Sarela comezou a súa actividade no centro. Pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 ou no correl electrónico sarela@sarela.org. É imprescindible atender ás indicación e protocolos de seguridade para o acceso.

Hoxe Sarela comezou a súa actividade no centro. Pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 ou no correl electrónico sarela@sarela.org.   Para o acceso ao centro  é imprescindible atender ás seguintes indicación e protocolos de seguridade:

 

CINTA PREVIA IMPRESCINDIBLE

Só podemos atender con cita previa. Podes concertala no   teléfono 981.577.037 (en horario de 9:30 a 17:30) ou no correo electrónico   sarela@sarela.org

 

ATENCIÓN AOS SÍNTOMAS E CONTACTOS 

Non asistas á cita     se presentas algúns dos   síntomas    da COVID-19 (febre, tose, dificultade para respirar etc). Se estiveches en   contacto   con algunha persoa positiva consulta antes ao persoal de Sarela.

 

PUNTUALIDADE

É importante ser puntual para   non coincidir con máis persoas    e garantir a distancia de seguridade.

 

AO CHEGAR A SARELA NON SAIAS DO COCHE

Aparca nalgunha das   prazas reservadas    para persoas con discapacidade que hai no contorno do centro.   Non ocupes co coche o   soportal   de entrada.

 

É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA

Ao chegar,   persoal de Sarela darache unha máscara   que deberás usar o tempo que dure a túa estancia. No centro haberá   xel desinfectante   para as mans e   outras medidas de seguridade.

 

SEGUE AS INSTRUCIÓNS UNHA VEZ ESTEAS DENTRO DO CENTRO

Persoal de Sarela darache as   instrucións   para que a túa visita sexa segura e acompañarache nos teus desprazamentos. Manten a distancia de seguridade e fai o uso imprescindible dos WC do centro.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: COVID-19

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información