Estrea do Rap da Ilusión

04/11/2014

Creado e protagonizado polas persoas usuarias de Sarela

Sarela estreou na xornada de portas abertas a canción O Rap da Ilusión, un tema creado polas persoas usuarias de Sarela coa axuda de Jordi Icart,  Roi de la Fuente, Philofilmes e Wendy Carolina Photo. A canción serve para reivindicar as capacidades das persoas con dano cerebral adquirido e para reivindicarse como xente que quere vivir, sentir, querer, enfadarse, e facer calquera outra cousa como as demais.
 
Traballaron no vídeo as persoas usuarias de Sarela Natalia Gestoso, Eva García, Jose Manuel Pena, Jesús García, Ana Calviño, Juan Rendo, Mª Jesús Estévez, Santiago González, Patricia Charles, Pablo Fernández, Víctor Pérez, Joaquín Saavedra, Carlos Beade e Cristina Porto; e as profesionais Noelia Nieto, Noelia Parente, Álvaro Suárez e Ibana Varela.
 
A canción foi gravada nos estudos da Facultade de Xornalismo da USC, e o vídeo no novo centro de Sarela.
 
O Rap da Ilusión estreouse durante a xornada de portas abertas que Sarela organizou onte no seu novo centro. Familiares, persoas socias, amigos e amigas de Sarela achegáronse ás novas instalacións que a asociación ten previsto estrear a finais deste ano.
 
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información