Estudo sobre a construción creativa da identidade

11/03/2014

'Educación e esperanza nas fronteiras da discapacidade', de Ignacio Calderón

O CERMI acaba de publicar en forma de libro o estudo 'Educación e esperanza nas fronteiras da discapacidade', do que é autor Ignacio Calderón Almendros, profesor da Universidade de Málaga. O estudo mostra como unha persoa con síndrome de Down ten que loitar na área educativa para desenvolver unha identidade libre de prexuízos e invita ao optimismo para desenvolver escolas inclusivas.

 

O autor presenta unha exhaustiva análise de caso único no que se aborda a construción da identidade de Rafael Calderón, un novo estudante do Grado Superior de Música. Rafael conseguiu elaborar a súa identidade máis aló da interpretación socialmente asumida sobre a discapacidade. O estudo mostra como unha persoa con síndrome de Down ten que loitar na área educativa para desenvolver unha identidade libre dos prexuízos que o sistema educativo e a sociedade en xeral tratan de impoñer.

 

A resistencia xerada por Rafael e a súa familia, os procesos educativos inclusivos e o uso da creatividade na construción da identidade permitiron que Rafael puidese desafiar as representacións sociais, as crenzas e o estigma. Levou a cabo un proceso de resiliencia que desafía as fronteiras da discapacidade e invita á transformación da escola.

 

A relevancia do caso e o modo de abordalo fan deste traballo unha produción inquietante e suxestiva na que se presentan as construcións cotiás e complexas que permitiron a Rafael soñar e crear o que anteriormente non existía. Un estudo que alenta a esperanza e invita ao optimismo para desenvolver escolas inclusivas.

 

O autor

 

Ignacio Calderón Almendros é Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Málaga, na que exerce como profesor do Departamento de Teoría e Historia da Educación e é membro do Grupo de Investigación de Teoría da Educación e Educación Social. Traballou en distintas áreas de coñecemento no terreo educativo, e colaborado con diversas Universidades de América Latina. As súas liñas de investigación sitúanse nos procesos de exclusión e inclusión educativas, a natureza social da discapacidade, a desvantaxe sociocultural e os procesos de construción da identidade e a diferenza, todo iso a través do estudo da experiencia educativa.

 

O traballo do profesor Calderón foi galardonado no ano 2013 co IV Premio Dereitos Humanos e Discapacidade convocado polo CERMI para fomentar a abordaxe desta realidade desde un enfoque de dereitos humanos.

 

*Información e imaxe extraídas do boletín cermi.es semanal.

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información