Éxito da estrea de 'En Sarela non hai quen viva'

22/06/2015

O actor Rubén Riós colaborou coa asociación presentando a obra de teatro.

Sarela presenta unha crónica en imaxes da estrea da súa última obra de teatro grazas á colaboración desinteresada do fotógrafo Diego Espiño.
 
Tralas intervencións de José Balboa, presidente, e Concha Otero, vicepresidenta, en representación da xunta directiva de Sarela, o actor Rubén Riós chegou á escena para introducir o reparto de 'En Sarela non hai quen viva!'.
 
A obra estivo protagonizada polas persoas usuarias do centro de día, que son tamén compoñentes do Grupo de Teatro de Sarela. Abriron un oco á participación de voluntariado, familiares e profesionais.
 
Ao final da obra Rubén Riós voltou á escena para conducir a entrega dun agasallo para cada unha das persoas voluntarias que interviñeron nun baile e que cada día fan o traballo na asociación máis doado.
 
Por último, foi o propio Rubén Riós quen recibiu un recoñecemento polo seu apoio incondicional ao Grupo de Teatro de Sarela, no medio dunha gran ovación.
 
A estrea de 'En Sarela non hai quen viva!' foi un éxito polos aplausos recibidos polas interpretacións das persoas con dano cerebral adquirido e tamén pola recadación. Grazas á venda de entradas Sarela obtivo 1.511 euros que axudarán a financiar o obradoiro de teatro.
 

 

    Rubén Riós presenta a obra Buscando piso Baile do voluntariado Saúdo do voluntariado Instalándose no piso Chega a policía A policía interrompe a festa Baile coa policía Baile coa policía Baile coa policía Full Monty O día despois da festa Brigada de limpeza Colaboración das familias Biscoito no piso Pasan os meses... Pantasmas O cura limpa a casa de pantasmas Baile final Aplausos entregados Cartel 'En Sarela non hai quen viva!!'
Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información