Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Ao longo do mes de maio, a Federación Española de Dano Cerebral e as súas entidades membro lanzaremos nas nosas redes sociais pequenos vídeos que teñen como obxectivo dar resposta a varias cuestións que as persoas con Dano Cerebral e as súas familias teñen frecuentemente en canto ao cumprimento e defensa dos seus dereitos.
Semanalmente actualizaremos o contido desta nova cos vídeos e explicacións a cada pregunta.
A nova lexislación crea novas vías para que as persoas con Dano Cerebral poidan decidir os apoios que necesitan.
Un dos aspectos máis relevantes da Lei 8/2021 é que suprimiu a incapacitación xudicial. Anteriormente, cando unha persoa con discapacidade requiría de apoios para o exercicio da súa capacidade xurídica, iniciábase un procedemento xudicial para incapacitala.
Antes da reforma, o único mecanismo que recoñecía a lei cando unha persoa con discapacidade necesitaba asistencia ou apoio para exercitar un dereito era a incapacitación desta, o que supoñía paradoxalmente a privación da posibilidade de exercitar os seus dereitos. A nova lei dá moita maior capacidade xurídica ás persoas con discapacidade.
Para máis información sobre estas e outras dúbidas respecto a os dereitos das persoas con Dano Cerebral tes na web o seguinte material: