FEDACE: 'O teu pulo lévanos máis lonxe'

10/09/2015

Campaña de doazóns da Federación Española de Daño Cerebral.

FEDACE acaba de editar unha camiseta polo Día do Dano Cerebral coa que vai agasallar ás persoas que fagan unha doazón online de 15 euros. A Federación Española de Daño Cerebral lanzou campaña 'O teu pulo lévanos máis lonxe' co obxectivo de recadar fondos para o financiamento dos Encontros DCA, que se celebran no último trimestre do ano.
 
Donar é moi sinxelo: só hai que cubrir un pequeno formulario online na páxina web de FEDACE indicando a cantidade que se quere aportar e enviar un correo electrónico ao enderezo hola@fedace.org indicando a talla da camiseta e algúns datos máis para o envío. O seguinte paso será agardar a recibir a camiseta no enderezo indicado.
 
A camiseta é unha edición especial con motivo do Día do Dano Cerebral 2015, que se conmemora o 26 de outubro. O deseño, unha árbore que evoca un cerebro, coincide co do cartel editado por FEDACE para dita conmemoración.
 
O destino da recadación obtida é contribuír ao financiamento dos Encontros DCA que FEDACE organiza con motivo do seu 20 aniversario. Neles vaise reflexionar sobre a traxectoria do movemento asociativo do dano cerebral e sacar conclusións sobre como orientalo no futuro. Por iso FEDACE solicita a colaboración solidaria de todas as persoas que poidan facer unha aportación económica: co seu pulo van chegar máis lonxe.
 
Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información