FEDACE publica o boletín 'Compartir' de decembro

13/01/2014

A Federación Española de Daño Cerebral edita o número 86 da súa revista dixital.

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) publicou hoxe o número 86 do seu boletín dixital 'Compartir', correspondente ao mes de decembro de 2013.

 

Sarela está presente nesta edición a través da reportaxe sobre o proxecto 'Actividades Físico – Deportivas para Menores con DCA'. Promovido por FEDACE e a Fundación Inocente - Inocente, este proxecto permite que 30 nenos e nenas con dano cerebral gocen de espazos lúdicos-rehabilitadores.

 

'Compartir' informa tamén do proxecto 'Comunícate conTICs, sen complexos', unha iniciativa da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) da que tamén se beneficia Sarela, e que está concibida para mellorar as habilidades comunicativas das persoas con dano cerebral adquirido a través do uso das novas tecnoloxías, especialmente as tablets.

 

Neste número do boletín infórmase tamén de que a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, estreou unha biblioteca con libros de lectura fácil.

 

Ademais, o apartado 'Nuestras asociaciones' inclúe unha reportaxe sobre a asociación de Cantabria, Caminando; pódese consultar a axenda do movemento asociativo do dano cerebral para este mes, e acceder a máis información das diferentes entidades que nos agrupamos en FEDACE.

 

O boletín pódese consultar aquí: Compartir nº 86

 

Categorías: Sarela , FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información