FEDACE publica o boletín coas actividades polo Día do DCA

07/11/2014

O Compartir nº 96 recolle as novidades do movemento asociativo.

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) publica hoxe o último número do seu boletín mensual 'Compartir'. O Compartir nº 96 recolle a actualidade de todo movemento asociativo, dentro da que salienta a crónica de actividades polo Día do Dano Cerebral Adquirido.

 

Sarela ocupa un oco importante no boletín aportando as súas actividades do Día do DCA e do Día do Ictus. Compartir tamén informa do proxecto 'mFACILyTA', no que a Asociación de Dano Cerebral de Compostela participa xunto con outras catro entidades de Castelló -Ateneo-, Pamplona -ADACEN-, Zaragoza -ATECEA- e Cádiz -ADACCA-.

 

Compartir recolle un artigo de opinión da presidenta de FEDACE, Amalia Diéguez, sobre '26 de octubre: la atención al daño cerebral, un derecho de todos'. Ademais, inclúe a axenda do dano cerebral das vindeiras semanas, noticias sobre discapacidade, e máis novidades das asociacións de DCA.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información