FEGADACE publica o estudo sobre coñecemento dos recursos de atención ao ictus

21/12/2018

FEGADACE fixo público o informe final do estudo 'Coñecemento do diagnóstico e recursos das Persoas con dano cerebral adquirido, medindo a cobertura das necesidades do colectivo', que se desenvolveu entre 2016 e principios deste ano en sete hospitais de Galicia. O documento constata, entre outras conclusións, a falta de coordinación entre os servizos sanitarios e sociais na atención a persoas con dano cerebral adquirido.

A Federación xa adiantara as principais conclusións desta investigación coincidindo co Día Mundial do Ictus. Poden lerse nesta ligazón.

O estudo contou coa colaboración dos profesionais da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN) e co apoio da Fundación Barrié e da Fundación Roviralta. As conclusións extraéronse da información recollida a través dunha serie de enquisas distribuídas entre máis de 300 persoas dadas de alta tras un ictus nos hospitais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Estas persoas cubriron unha enquisa no momento da alta, e outra aos tres meses de saír do hospital.

Xunto co informe final do estudo, no apartado de Investigación da páxina web de FEGADACE poden consultarse tamén o Ditame do Comité de Ética que autorizou o desenvolvemento do estudo, o Protocolo de investigación, o Dossier informativo entregado ao persoal médico colaborador no traballo de campo, o Consentimento informado que cada unha das persoas participantes tivo que cubrir para participar, as dúas enquisas de recollida de datos (unha no momento da alta e outra despois de tres meses da alta), e un folleto explicativo do proxecto.

Texto e imaxe de Fegadace.

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información