Ferramenta para controlar as secuelas do ictus

13/05/2014

España é o primeiro país europeo que incorpora esta ferramenta.

España vai incorporar por primeira vez en Europa o 'Cuestionario Post-Ictus', unha ferramenta desenvolvida pola Organización Mundial do Ictus (WSO, polas súas siglas en inglés) que permite aos profesionais sanitarios identificar mellor e "máis rápido" os problemas que xorden tras un ictus.

 

Ademais, permite tamén que os pacientes reciban canto antes o tratamento máis adecuado e sexan derivados ao especialista apropiado. Desta forma, España convértese no primeiro país europeo, e o segundo no mundo -por detrás de Canadá- en establecelo, grazas á colaboración entre a Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF) e Allergan.

 

"É a primeira vez que se implantará na sanidade española un protocolo destas características, centrado en mellorar a discapacidade do paciente que sufriu un ictus, e que converte ao rehabilitador na figura crave orientada a mellorar a calidade de vida do enfermo e do cuidador, sobre todo nos primeiros seis meses tralo ictus, que son fundamentais", asegurou a presidenta de SERMEF, Roser Garreta.

 

Con esta nova ferramenta, prosegue, a partir de agora os pacientes serán valorados polo rehabilitador dun xeito estreito para previr ou tratar a tempo a aparición das secuelas do ictus, e poderán recibir os coidados máis apropiados en función das súas necesidades.

 

E é que, en España, entre 180.000 e 230.000 persoas sofren espasticidade como consecuencia de padecer un ictus. A espasticidade consiste no aumento de ton dun ou varios músculos que non son capaces de relaxarse e isto dá lugar a posturas forzadas, un estado permanente de rixidez e espasmos musculares involuntarios que provocan dor e dificultade para realizar actividades cotiás, como camiñar, vestirse ou comer.

 

"A espasticidade provoca serios problemas de mobilidade, tanto na extremidade inferior como superior, e na maioría das ocasións en ambas, que se acompaña de dor en moitos casos, deformidades dos membros, a imposibilidade de hixiene persoal, e múltiples ingresos hospitalarios que inhabilitan a incorporación laboral e reducen considerablemente a calidade de vida. O ictus, engade, non só ten consecuencias para o paciente, senón que tamén ten un alto impacto sobre a familia e os coidadores", explicou a experta.

 

Por iso, o cuestionario inclúe preguntas a contestar polo paciente, con ou sen a axuda do coidador, para que o médico poida coñecer exactamente o seu estado de saúde actual e identificar aquelas complicacións que presenta a raíz do ictus. Avalía, entre outras cuestións, as actividades diarias que o paciente pode realizar, o seu grado de mobilidade, así como o nivel de rixidez que presenta en brazos, mans e pernas para poder dar cun tratamento apropiado a estas necesidades ou derivalo ao especialista correspondente.

 

A espasticidade severa aumenta significativamente os custos por asistencia necesaria, rehabilitación, cirurxía e custos de hospitalización, polo que este cuestionario ten como meta diminuír o enorme custo familiar, sanitario, social e laboral que conleva o ictus, intentando minimizar o consumo de recursos asociados á discapacidade. Todo iso co obxectivo fundamental de mellorar a calidade de vida do paciente", resolveu.

 

*Información extraída de Infosalus e imaxe de dominio público tomada de Wikimedia Commons.

 

Categorías: Ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información