Formación para familias sobre prevención e manexo do estrés

20/05/2021

Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.

Na situación de coidado é habitual que se dea unha reacción de estrés que nos provoca un deterioro da saúde. Por iso é importante saber cal é o motivo que nos produce esa tensión para poder desactivalo.

Nesta sesión trataremos sobre:

  • Identificar a tensión.

  • Recoñecer que nos produce tensión.

  • Coñecer as consecuencias da tensión prolongada.

  • Aprender estratexias saudables para manexar a tensión e así potenciar o control do benestar.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar co centro de Sarela chamando ao 981 577 037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social a través de Convenio Nominativo con FEGADACE e a través do IRPF para o ano 2021.

Esta actividade está subvencionada a través da convocatoria FOCVAA con 25.086 euros (39% de financiamento) do proxecto "Información, orientación e asesoramento a familias e persoas con DCA".

Tags: familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información