Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias do Ministerio de Sanidade.

04/06/2019

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social publicou a actualización, que realiza anualmente, da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.

Esta guía é un documento que recolle todas as prestacións estatais en materia de Seguridade Social, permisos e excedencias, emprego, beneficios fiscais por fillos a cargo, familias numerosas, monoparentais, con membros en situación de dependencia, con VHC ou VIH, en materia de vivenda e culturais, deportivas e turísticas.

En concreto, o apartado destinado ás 'Axudas para familias con persoas en situación de dependencia' comeza na páxina 60 e inclúe información sobre a protección específica das persoas coidadoras e sobre prestacións económicas para Asistencia Persoal.

Descarga AQUÍ a guía completa no enlace que figura debaixo da noticia.

Categorías: Familias
Tags: familias
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información