Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Publicada polo Ministerio de Sanidade, contén información útil sobre prestacións, beneficios e servizos.
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a "Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias", co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.
A edición actualizada para 2016 recolle as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación e vivenda, entre outros. Tamén facilita as direccións e enlaces dos organismos autonómicos competentes e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias para poder ampliar a información sobre as axudas existentes nas cidades e comunidades autónomas.
O ámbito da discapacidade é transversal en toda a guía e hai información sobre prestacións e axudas en ámbitos como os permisos por maternidade e parternidade, achegas económicas por nacemento, fillo ou menor ao cargo, información fiscal etc. O apartado VIII está dedicado a axudas para familias con persoas en situación de dependencia e recolle as prestacións para persoas coidadoras e para as propias persoas con discapacidade.
Accede á Guía de axudas e servizo para familias 2016 (web do Ministerio de Sanidade) ou descárgaa no arquivo que está ao final da noticia.