Información da reunión da Xunta directiva do mes de abril

18/04/2017

Onte a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa reunión mensual ordinaria para, como é habitual, facer o seguimento da actividade da entidade no seu conxunto e das actividades que se desenvolven nos diferentes servizos do seu centro.

 

Como cada mes se fixo un balance da execución orzamentaria e da planificación de actividades e aprobouse definitivamente a celebración en Santiago o 17 de xuño do foro de familias de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral). Tamén para o mes de xuño acordouse participar na asemblea que os días 9 e 10 de xuño celebrará FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral).

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información