Mañá de información sobre o ictus no Clínico

25/02/2014

Persoas usuarias e profesionais da asociación insistiron na necesidade de prevención.

Persoas usuarias de Sarela -todas con dano cerebral adquirido por causa dun ictus-, familiares e profesionais levaron a campaña de información, sensibilización e prevención do ictus ao Hospital Clínico de Santiago.

 

O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido (nun 78% dos casos), polo que a súa detección e prevención é un dos obxectivos prioritarios de Sarela.

 

Unha vez ao mes membros da asociación desprázanse a un centro de saúde de Santiago para facer enquisas sobre o coñecemento dos síntomas do ictus e informar sobre as maneiras de minimizar o seu risco.

 

Esta mañá, tres persoas que pasaron pola experiencia do ictus e que teñen dano cerebral estiveron no Hospital Clínico, acompañadas de profesionais de Sarela.

 

A campaña tivo unha ampla repercusión nos medios informativos. Nesta ligazón pódese acceder á noticia difundida nos informativos da TVG.

 

Categorías: Sarela , Prevención
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información