• servizos sarela 795x180

Noticias

Informe da Sociedad Española de Neurología confirma ao ictus como primeira causa de mortalidade en España pero con tendencia á baixa

Informe da Sociedad Española de Neurología confirma ao ictus como primeira causa de mortalidade en España pero con tendencia á baixa

Sociedad Española de Neurología (SEN) publicou o informe “Impacto das enfermidades neurolóxicas na mortalidade español” que matiza os datos do Instituto Nacional de Estadística sobre as causas de mortalidade en España ao agrupar enfermidades cerebrovaculares (ictus), tipo alzheimer e de parkinson.

 

Estas son algunhas das conclusións xerais e para Galicia que son de destacar, nunhas patoloxías están relacionadas coa idade e ademais de ter un alto impacto na mortalidade tamén a teñen en termos de dependencia e cronicidade:
 

  • Estas enfermidades causan o 19% das mortes en España e que no caso de Galicia é do 20,6%. En ambos casos falecen máis mulleres que homes.

 

  • A mortalidade medrou en España un 10,5% (8% en Galicia) pero a causada por estas enfermidades un 18,5% (23% en Galicia). 

 

  • Confirma que o ictus é a primeira causa de mortalidade e o alzheimer a segunda. Sen embargo, os novos tratamentos e atención ao ictus reduciu a mortalidade un 17,6% en España e un 22,1% en Galicia. Deste dato podemos deducir que cada vez sálvanse máis vidas das persoas que sofren un ictus e á vez cada vez poden ser máis as persoas con secuelas en forma de dano cerebral adquirido.

 

  • Fronte a isto as mortes por alzheimer medraron un 61% (un 39,4% en Galicia) polo que nos vinderos anos esta será a primeira causa de mortalidade.

 

 

 

Categorías: Sarela
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.