Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A data límite de inscrición para esta primeira sesión é o día 19. A actividade estará dirixida por Jorge Ferro e que até o comezo da pandemia dirixía ao grupo de familias de forma presencial.
O Servizo de información, orientación e apoio ás familias está a retomar as actividades e a formación das familias e que debido á situación sanitaria desenvólvense a distancia a través de internet. O próximo 25 de maio volverá unha actividade que tiña moito éxito antes da pandemia como é a de ioga. Será impartida, como antes da suspensión, por Jorge Ferro e que desenvolve desde a súa creación en xuño de 2018.
Calquera familiar que o desexe pode participar e non é preciso ter coñecementos anteriores. En caso de dúbida, as persoas interesadas poden realizar unha sesión de proba e decidir posteriormente se continuar. Segundo o seguimento que se realiza desde o servizo, esta actividade foi moi ben valorada polas familias, tanto polos beneficios da mesma como polo traballo de Jorge, o monitor.
Inscrición
As persoas que desexen inscribirse na mesma deberán facelo no enlace que se lles facilitou por correo electrónico e a data límite de inscrición para a primeira sesión é o 19 de maio. En caso de dúbidas pódese contactar coas profesionais do servizo no 981577037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.
Información sobre a actividade:
Jorge Ferro dirixindo unha sesión de ioga ou ano pasado no centro de Sarela.