• servizos sarela 795x180

Noticias

IV Congreso Nacional de Daño Cerebral Adquirido de FEDACE

IV Congreso Nacional de Daño Cerebral Adquirido de FEDACE

Xoves 22 e venres 23 de novembro celebramos en Madrid o IV Congreso Nacional de DCA, un acontecemento que servirá para analizar e reflexionar sobre a realidade actual desta discapacidade. Familiares e profesionais de Sarela asistirán como público pero tamén para compartir coñecemento nos actos programados pola Federación Española de Dano Cerebral.

 

O propósito do congreso, que se celebrara no Edificio Castellana 81 do Grupo Gmp, é aportar un espazo para recompilar coñecementos, dar visibilidade e compartir novas accións de atención, rehabilitación, dereitos e inclusión das persoas con DCA. Desde este espazo identificaremos e xeraremos fundamentos reivindicativos do noso movemento asociativo.

 

Sarela estará presente nun encontro que ten como lema “Somos unha realidade” pois tanto persoas asociadas como profesionais asistirán ás xornadas de traballo. Ademais, profesionais e persoas usuarias de Sarela forman parte do programa como ponentes.

 

O xoves 22 un póster co título “É posible rehabilitar desde o modelo de calidade de vida?” será presentado por tres das nosas profesionais (as terapeutas ocupacionais Ana Ruiz e Majo Hermida e a psicóloga Junquera Novo). Na súa exposición falarán da necesidade de abordar o tratamento dunha persoa con DCA establecendo obxectivos en base ás dimensións de calidade de vida. Isto implicaría que a intervención non estivese fragmentada en disciplinas profesionais senón que todas as disciplinas serías responsábeis e participarían na consecución deses obxectivos.

 

O venres 23 Noelia Parente (educadora social) e Miguel Ángel Framil (usuario do servizo de emprego de Sarela) participarán na mesa redonda “Vellas necesidades, novos enfoques” para falar da compatibilidade da prestación por incapacidade laboral absoluta e o emprego a partir do caso concreto de Miguel.

 

Máis información sobre o programa en www.congresonacionaldca.org da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE).

 

 

Categorías: FEDACE
Tags: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.