La Sexta publica unha reportaxe sobre o copagamento

08/06/2015

Protagonizada polo caso dunha familia usuaria de Sarela.

Unha familia usuaria de Sarela protagoniza a reportaxe que a canle de televisión La Sexta emitiu onte sobre o copagamento. A noticia recolle o caso de Teresa, unha usuaria do centro de día que tivo que abandornar a súa praza polo elevado do copagamento que lle correspondía. Ela e a súa filla Susana explican a situación para La Sexta.
 
Ademais Gonzalo Mira, o director de Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, explica en termos xerais como afecta o copagamento ás persoas con DCA, e proporciona outros casos ilustrativos. A reportaxe pódese ler a continuación e ver e escoitar premendo na seguinte ligazón: La Sexta.
 
Hai máis de 38.000 casos e a Xunta afirma que os vai estudar un por un
 
Dependentes e familiares piden que non se atenda ao patrimonio persoal para calcular as axudas
 
O resultado da nova Lei de Dependencia modifica os baremos das prestacións. Agora tense en conta o patrimonio persoal, ademais dos ingresos mensuais. Os dependentes e as súas familias esixen criterios máis xustos. É o caso de Teresa, que viu como a súa praza no centro de dependencia pasaba a custar o dobre, e o de José Manuel, que co novo sistema non poderá seguir indo ao centro de día onde recibía tratamento. "Teño unhas leiras que herdei e que non teñen ningún valor. A tarifa que temos que pagar agora é impagable", lamenta.
 
Coa nova Lei de Dependencia, os baremos para conseguir as prestacións modifícanse, e agora tense en conta o patrimonio persoal ademais dos ingresos mensuais para calcular o copago para cada dependente. A Xunta de Galicia explica que hai máis de 38.000 casos na comunidade e que se están revisando un a un.
 
Teresa tivo que abandonar o centro de día no que recibía terapia. Despues de sufrir dous ictus e cun 65% de discapacidade, a Xunta considerou que xa non cumpre os requisitos para subvencionarlle a praza. Ata agora pagaba 460 euros, hoxe pídenlle o dobre: 920 euros. Necesita axuda para tarefas básicas, como calzarse, e a súa filla tivo que adaptar a súa vida ás necesidades da súa nai. Susana Miranda, filla de Teresa, explica "podo entender que cambien baremos, pero terían en avisar con máis tempo".
 
Tamén é o caso de José Manuel Ramil, árbitro en Segunda División B que fai 15 anos sufriu un accidente de tráfico no que perdeu unha perna. O motivo polo que debe pagar case 440 euros ao mes por unha praza nun centro de día é que herdou uns terreos. "Teño unhas leiras que herdei e que non teñen ningún valor. A tarifa que temos que pagar agora é impagable", quéixase.
 
O Goberno considera que atender ao patrimonio de cada discapacitado é máis solidario que ter en conta a súa pensión. Os afectados, co apoio das súas familias, esixen que a Administración non os abandone.
 
Tags: Alento
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información