Un momento da asemblea extraordinaria do CERMI Galicia, celebrada a distancia.

Luciano Fernández, secretario de Sarela, foi elixido presidente do CERMI Galicia

01/12/2020

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) elixiu onte en asemblea extraordinaria a Luciano Fernández Pintor como novo presidente da entidade. Luciano Fernández é o actual secretario da Xunta Directiva de Sarela e, na súa representación, presidente de Fegadace e Fedace, as federacións galega e española de dano cerebral.

Luciano Fernández sucede na presidencia de CERMI Galicia e Iker Sertucha da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Luciano Fernández é pai dunha persoa con dano cerebral e esa circunstancia fixo que se implicase activamente na vida asociativa de Sarela e no obxectivo superior de defender os dereitos de cidadanía das persoas con DCA. Ese compromiso levouno a asumir nos últimos anos as presidencias de Fegadace e Fedace. O obxectivo do seu mandato será "buscar que o CERMI sexa a mellor ferramenta para que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan exercer os seus dereitos de cidadanía en plenitude de condicións".

Categorías: Sarela , Discapacidade
Tags: CERMI

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información