Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Representantes das asociacións membro da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) reuníronse o pasado sábado para celebrar a súa asemblea anual e na que Luciano Fernández, actual secretario de Sarela e representante da asociación nese encontro, foi elixido novo presidente da federación.
Representantes das asociacións membro da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) reuníronse o pasado sábado para celebrar a súa asemblea anual e na que Luciano Fernández, actual secretario de Sarela e representante da asociación nese encontro, foi elixido novo presidente da federación.
A asemblea tamén aprobou as súas contas anuais, o orzamento e o plan de acción para o presente período. De acordo cos estatutos de FEDACE, renováronse catro cargos da Xunta Directiva tras cumprir cun ciclo de dedicación de catro anos. Os postos a renovar eran os correspondentes ás asociacións ADACEA-Alacante (vogal), ADACEA-Jaén (secretaría), ADACE Castilla la Mancha (vicepresidencia) e Ateneu-Castelló (presidencia).
Tras oito anos como presidenta, Diéguez xa expresara o seu desexo de deixar o cargo en favor da saúde democrática da federación. Trala celebración das eleccións, a nova Xunta Directiva reuniuse para asignar os cargos e nomeou a Luciano Fernández, representante de Sarela, novo presidente de FEDACE.
Na súa primeira declaración, Fernández explicou: "durante o tempo no que ostente a presidencia propóñome a contribuír ao crecemento da Federación e do movemento asociativo desde a consolidación das entidades asociadas". Outro dos retos que Luciano Fernández formulou foi o de dar un espazo de participación a todas as persoas con DCA e a todos e todas as familiares que se acheguen a FEDACE nos próximos anos.
A nova composición da Xunta Directiva de FEDACE é a seguinte:
· Presidente: Luciano Fernández (Sarela).
· Vicepresidenta: Ana Cabellos (ADACE Castilla la Mancha).
· Secretario: Antonio Muñoz (ADACEA-Jaén).
· Tesoureiro: Juan Luis Delgado (ADACECO).
· Vogal: Mª Carmen Ferrer (ADACEA-Alacant).
· Vogal: Nekane Nograro (ATECE-Araba).
· Vogal: Rocío de la Rosa (FANDACE).
Homenaxe a Miguel Pereyra
Durante a Asemblea realizouse unha homenaxe a Miguel Pereyra, representante na Xunta Directiva de FEDACE da asociación ADACE Castilla la Mancha durante máis de dez anos nos que exerceu a vicepresidencia. Pereyra agradeceu o recoñecemento e recordou que na actualidade os problemas aos que se enfronta a discapacidade seguen candentes: "Recortar é fácil, pero recuperar o recortado é case imposible. O que non fagamos nós non nolo vai a regalar ninguén. Ademais da crise política e económica temos unha crise de movemento asociativo de discapacidade. Para criticar, para queixarnos, para dicir o que falta estamos todos. Para asumir responsabilidade e loitar por resolver, non só o noso caso, senón no do colectivo, hai que ser moitos, e estar unidos.
Información realizada a partir das web de FEDACE e FEGADACE