Máis produtos para a tenda de Sarela

21/03/2014

Os patucos e as pinzas do pelo son novidade.

O catálogo da Tenda de Sarela segue medrando con novos produtos. Pinzas do pelo e patucos para bebé son a novidade que agora se presenta.

 

Os patucos están elaborados con lá e pechan cun laciño. As pinzas son de fieltro e pódense adquirir en dous modelos: con forma de flor e con forma de xoaniña. Só hai que indicar a escolla no momento de facer o pedido.

 

Estes produtos, e os outros que se poden atopar na Tenda online de Sarela, están elaborados nos obradoiros de manualidades da asociación. Cada luns e mércores, as persoas usuarias da entidade xúntanse para desenvolver as súas habilidades creando broches, forrando libretas, pintando caixas ou facendo estampacións en bandexas de cristal.

 

Mercar na Tenda de Sarela é moi sinxelo, e facéndoo contribúese a financiar a actividade de manualidades ao tempo que se incrementa a autoestima sobre as súas capacidades das persoas con dano cerebral.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información