Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Desde as 21:30 nas instalacións do Squash Santiago, no Milladoiro.
Hoxe conclúe o Open Solidario con Sarela que se leva desenvolvendo no Squash Santiago, no Milladoiro, durante as dúas últimas semanas. No acto de peche, que se celebra hoxe desde as 21:30, a madriña de Sarela, María Mera, será a encargada de entregar os trofeos.
O torneo lévase desenvolvendo desde o día 11 nas instalacións do Squash Santiago en diferentes categorías (masculina, feminina e infantil) de squash, racquetball, tenis, pádel, tenis praia e volei praia. A recadación deste Open Solidario vai ser destinada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Compostela.
Desde as oito desta tarde vaise xogar a final de squash, que será o último partido do open. O resto de finais xa se celebraron o venres. Ao remate deste partido será a entrega de trofeos, na que participan representantes de Sarela, do Squash Santiago, e das empresas patrocinadoras. Sarela agradece especialmente a colaboración de Centro Deportivo, Gráficas Garabal e Airas Catering.
O acto de entrega de trofeos vai ser no Club de Tenis, que linda co Squash Santiago pero está situado en Vilar de Calo, no concello de Teo. A continuación, e desde as 22:00hh., o Squash Santiago organiza unha sardiñada para celebrar a noite de San Xoán nas mesmas instalacións do Club de Tenis.
Sarela agradece moitísimo a organización do torneo, porque entre as súas prioridades está a prevención do dano cerebral a través dos hábitos de vida saudábeis, que pasan pola práctica de exercicio como o que promove o Squash Santiago.