María Mera entrega os trofeos do Open Solidario con Sarela

19/06/2014

Coa colaboración de Centro Deportivo, Gráficas Garabal e Airas Catering.

A actriz María Mera, madriña de Sarela, vai ser a encargada de entregar os trofeos do Open Solidario que organiza o Squash Santiago e que remata o luns coa final desa mesma disciplina.

 

O torneo lévase desenvolvendo desde a semana pasada nas instalacións do Squash Santiago en diferentes categorías (masculina, feminina e infantil) de squash, racquetball, tenis, pádel, tenis praia e volei praia. A recadación deste Open Solidario vai ser destinada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Compostela.

 

Ás oito da tarde vaise xogar a final de squash, que será o último partido do open. O resto de finais terán lugar o venres. Ao remate do partido, e con todos os resultados definitivos, será a entrega de trofeos (desde as 21:30 hh.), na que participan representantes de Sarela, do Squash Santiago, e das empresas patrocinadoras. Sarela agradece especialmente a colaboración de Centro Deportivo, Gráficas Garabal e Airas Catering.

 

María Mera vai ser a encargada de entregar os 32 trofeos para os campións e subcampións do Open Solidario. O acto de entrega será no Club de Tenis, que linda co Squash Santiago, pero que está emprazado no concello de Teo (Vilar de Calo). A continuación, e desde as 22:00hh., o Squash Santiago organiza unha sardiñada para celebrar a noite de San Xoán nas mesmas instalacións do Club de Tenis.

 

Sarela agradece moitísimo a organización do torneo, porque entre as súas prioridades está a prevención do dano cerebral a través dos hábitos de vida saudábeis, que pasan pola práctica de exercicio como o que promove o Squash Santiago.

 

    Cartel Open Solidario [prazo ampliado]
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información