Masterclass online para persoas coidadoras o 27 de xaneiro

08/01/2015

FEDACE e UNIR Cuidadores colaboran en formación sobre dano cerebral.

UNIR Cuidadores, entidade impulsada pola Universidade Internacional de La Rioja que, entre outros proxectos, desenvolve actividades de formación para coidadores de persoas con discapacidade; celebrará o próximo 27 de xaneiro ás 17:00 hh unha masterclass que levará por título 'Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido e estratexias de manexo no funcionamento diario'. A masterclass é unha clase que se realiza online e en directo, con formato audiovisual e na que se pode interactuar co profesorado enviando preguntas e comentarios.
 
Esta clase será realizada por Dolors Safont, psicóloga especialista en psicoloxía clínica e neuropsicoloxía; docente externa no Máster de Psicopatoloxía, Saúde e Neuropsicoloxía da Universidade Jaume I de Castelló. Safont tamén traballa desde 2001 na rede de recursos asistenciais da Fundación de Dano Cerebral Ateneu Castelló, que ofrece atención a persoas con DCA e ás súas familias.
 
O curso está dirixido a calquera persoa que se dedique ou qu estea interesada na atención formal ou informal ás persoas con dano cerebral. Ao longo do mesmo falarase de que é o dano cerebral, das súas secuelas, de estratexias para o coidado diario e do apoio no proceso rehabilitador; e incluirá unha reflexión sobre a importancia de coidarse a un mesmo como coidador. A matrícula para participar na clase pódese realizar na web de UNIR Cuidadores e ten un prezo de 15 euros. 
 
Esta masterclass é o primeiro froito da colaboración entre UNIR Cuidadores e FEDACE; a partir dun convenio asinado recentemente, polo que ambas entidades traballarán xuntas en proxectos de formación e apoio para coidadores de persoas con DCA.
 
Información extraída da páxina web de FEDACE e fotografía recollida de Pixabay con licenza CC0 Public Domain.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información