Memoria de actividades 2019

25/09/2020

Xa podes descargar na nosa web a memoria de actividades de 2019. Debido á situación extraordinaria que vivimos, esta memoria chega máis tarde que outros anos ao aprazarse ao mes de setembro a celebración da asemblea xeral de persoas socias, órgano ao que lle corresponde aprobala. Na memoria faise un balance da actividade xeral da entidade así como os datos e fitos máis destacados de cada servizo.

Xa podes descargar na web a memoria de actividades de 2019. Debido á situación extraordinaria que vivimos, esta memoria chega máis tarde que outros anos ao aprazarse ao mes de setembro a celebración da asemblea xeral de persoas socias, órgano ao que lle corresponde aprobala. Na memoria faise un balance da actividade xeral da entidade así como os datos e fitos máis destacados de cada servizo.

 

Na presentación da memoria, o presidente de Sarela, José Balboa, afirma que “2019 foi un ano no que Sarela fixo un gran esforzo por poñer en marcha novos servizos como o de Mellora e mantemento da autonomía persoa, consolidar o Servizo de Orientación Laboral, fortalecer o tan necesario de información e orientación ás familias, ter ao máximo das súa capacidade o servizo de rehabilitación e medrar nas prazas públicas do noso centro de día. 2019 foi un gran ano e o punto de partida para conmemorar a finais de 2020 o noso 20 aniversario”.

 

Balboa non esquece o escenario creado pola pandemia da Covid-19 para afirmar que “a nova e descoñecida situación non nos pode obrigar a dar un paso atrás. Todo o contrario. Esta memoria dá unha imaxe fiel do que é Sarela: da súa capacidade de traballo, do compromiso das familias e profesionais, do coidado co que desenvolve a súa función social e da responsabilidade na xestión. Moitas grazas a todas as persoas, entidades e institucións que fixeron e fan posible este labor”.

 

Na nosa canle de Youtube podes ver un resumo en vídeo desta memoria de actividades. Preme aquí ou na imaxe para ver a video memoria:

 

 

Na sección Transparencia da web tamén se pode acceder á memoria económica de 2019, á auditoría de contas e ao orzamento para 2020 tamén aprobadas na mesma asemblea.

 


 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información