Mesa de recollida de sinaturas contra o copagamento en Santiago

21/07/2015

O xoves 23 de xullo na Praza do Toural entre as 17:00 e as 20:00 hh.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) quere levar á rúa a campaña de recollida de sinaturas que respalden a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) 'Non ao copagamento confiscatorio'. Esta ILP está impulsada polo CERMI (Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade), entidade da que fai parte FEGADACE, que comparte, polo tanto, a responsabilidade da obtención das 500.000 sinaturas necesarias para que a iniciativa sexa aceptada e debatida no Congreso dos Deputados.
 
Así, aproveitando a afluencia ás festas da cidade, FEGADACE vai colocar unha mesa de recollida de sinaturas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela. Será na tarde do xoves 23 de xullo en horario de 17:00 a 20:00 hh. A mesa vai estar atendida por persoal de FEGADACE e do CERMI Galicia, que informarán á poboación sobre os contidos da ILP e animarán a asinar para respaldar esta iniciativa en defensa das persoas con discapacidade e en situación de dependencia.
 
A ILP contra o copagamento confiscatorio é a resposta do movemento social da discapacidade ás políticas das Administracións sociais que en desenvolvemento da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia crearon unha situación insostible que fai recaer o esforzo económico de mantemento do sistema nas propias persoas en situación de dependencia. Hai máis información na páxina web específica http://ilp.cermi.es/.
 
*Información extraída da páxina web de FEGADACE.
 
Categorías: FEGADACE , Dependencia
Tags: CERMI
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información