Non ao copagamento confiscatorio: asina polos teus dereitos

04/02/2015

Campaña do CERMI para a reforma da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.

"Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio", é o lema principal da campaña para a captación de asinaturas de impulso da iniciativa lexislativa popular de reforma da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia posta en marcha polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).
 
Con esta mensaxe, o CERMI pretende chegar ás persoas con discapacidade e maiores, e á súa contorna familiar, así como aos profesionais dos servizos sociais, ao voluntariado e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa firma de apoio á iniciativa lexislativa popular que persegue a modificación da lei de autonomía persoal para establecer uns criterios xustos de copagamento que non expulsen ás persoas en situación de dependencia da protección social.
 
Coincidindo co comezo de ano 2015, todo o sector social da discapacidade mobilízase para a consecución das 500.000 asinaturas de cidadáns e cidadás maiores de 18 anos, españois, e con todos os seus dereitos políticos, necesarias para que prospere a iniciativa lexislativa popular de modificación do copagamento e poida chegar ao Congreso dos Deputados para a súa admisión no seu caso e posterior debate.
 
A iniciativa lexislativa popular contra o copagamento confiscatorio é a resposta do movemento social da discapacidade ás políticas das Administracións sociais que en desenvolvemento da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia crearon unha situación insostible que fai recaer o esforzo económico de mantemento do sistema nas propias persoas en situación de dependencia.
 
Como asinar?
 
  • No centro de Sarela.
  • En calquera outra asociación membro do CERMI.
  • Quen dispoña de asinatura electrónica recoñecida oficialmente pode asinar a través desta ligazón: https://www.mifirma.com/proposals/52.
 
doc
  • ILP de reforma da lei de Dependencia
  • Texto da iniciativa lexislativa popular de reforma da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia posta en marcha polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).

  • Baixar ficheiro
    Non ao copagamento confiscatorio. Asina
Categorías: Discapacidade , Dependencia
Tags: CERMI

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información