Nota informativa para familias e persoas usuarias

29/05/2020

A Xunta directiva de Sarela quere facer chegar ás familias e persoas usuarias de Sarela a seguinte carta coa información relativa aos pasos dados pola entidade para a posta en marcha dos servizos con toda a seguridade necesaria, unha vez conte coa autorización da Xunta de Galicia.

Estimadas familias e persoas usuarias de Sarela,

Como xa sabedes, Sarela está preparada e segura para poder continuar coa nosa actividade. Estamos á espera de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia autorice o reinicio da actividade, ben sexa no centro ou no propio domicilio.

A Consellería de Política Social, Sarela e moitas outras entidades, somos totalmente conscientes da necesidade e urxencia de iniciar intervencións individuais canto antes pero tamén se ten en conta que sodes dos colectivos máis vulnerables. Sanidade ten datos que nos non temos, que os levan a tomar decisións baseadas neles. Debemos confiar en que están tomando as melloras decisións para a nosa seguridade, e que cando decidan que podemos intervir é porque o risco será controlable.

Neste tempo Sarela tivo a case todo o seu persoal nun ERTE, as 7 persoas que continuamos traballando fixemos todo o posible por acompañarvos; levamos a cabo aquelas tarefas que non puideron esperar, e, sobre todo, tomamos medidas para reiniciar a actividade nun entorno seguro e confiado para vos; algunhas delas son:

  • Formación online relacionada coa COVID19, sobre a enfermidade, as medidas de seguridade, os equipos de protección individual e o seu uso, etc.

  • Formación online de todo o persoal en relación ó seu posto.

  • Videoconferencias con outras asociacións de Galicia e resto de estado español, coordinadas polas federacións galega e española, FEGADACE e FEDACE.

  • Colaboración con FEGADACE e as entidades galegas para a elaboración do Plan de Continxencia fronte á COVID19. Medidas para Desescalada e Continuidade Asistencial nos Centro de Atención a Persoas con Dano Cerebral Adquirido (documento para a descarga). Este Plan foi enviado á Consellería de Política Social.

  • Elaboración entre todas as entidades de Dano Cerebral de Galicia, e Federación dos Protocolos de Actuación para a prevención da COVID19 de Sarela.

  • A través de FEGADACE dotación dos equipos de protección individual, necesarios para o inicio da actividade e con stock suficiente para un mes.

  • Retirada e redistribución do mobiliario e obxectos nas instalacións.

  • Reforzo do mantemento de condutos de ventilación de aire acondicionado e extracción de aire.

  • Revisión e reparación para apertura de ventas en modo ventilación.

  • Limpeza e desinfección realizada pola empresa de limpeza de Sarela (FARO)

  • Pendentes para a semana que vén: sinalética e cartelaría, instalación electrodomésticos (lavadora e secadora).

En canto teñamos información concisa por parte da Consellería de Política Social informaremos de novo a través de diferentes medios.

A nosa intención é comezar o antes posible, coa máxima seguridade e prudencia, polo que o que máis precisamos é da vosa confianza no que estamos e vamos a facer, e do que seredes sempre informadas do xeito máis concreto posible.

Unha vez máis, recórdovos o número ó que podedes chamar 630744404, eu mesma respondereivos ó que precisedes, sempre coa empatía suficiente para transmitirvos que tanto a Xunta Directiva de Sarela como todo o seu persoal vai facer todo o posible por volver a atendervos canto antes e coa máxima seguridade.

Moitas gracias pola confianza e comprensión tamén mostrada por vos en estos duros meses para todos.

Unha aperta,

29 maio 2020


Xunta Directiva

Equipo Sarela

 

Categorías: Sarela
Tags: COVID-19

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información