A nova web de Sarela, no boletín Compartir de FEDACE

07/02/2014

Comparte espazo con Alento e outras iniciativas do movemento asociativo do dano cerebral.

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) publicou hoxe o Boletín Compartir número 87, correspondente ao mes de xaneiro.

 

O boletín recolle a actualidade do movemento asociativo do dano cerebral, cun especial protagonismo para Sarela. FEDACE publica unha noticia recollendo a estrea da nova páxina web da asociación, salientando que conta cunha tenda online.

 

As asociacións da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) tamén están representadas a través de Alento (a entidade viguesa), que está a desenvolver un programa de atención a persoas en situación urxente de necesidade denominado 'Integrar aos excluídos'.

 

Ademais, Compartir faise eco da campaña 'Céntimo Solidario', na que participan a propia FEDACE xunto coa ONG Otro mundo es posible, a Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) e a Asociación de Empresarios de Farmacia de Madrid (ADEFARMA) e da iniciativa de Nueva Opción (de Valencia) que leva por lema “non é só un ictus, non é só un traumatismo cranioencefálico, non é só un tumor cerebral, é dano cerebral adquirido".

 

Compleméntase cun artigo de opinión de Valeriano García, xerente de FEDACE, a axenda do vindeiro mes, e a actualidade do ámbito da discapacidade.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información