Novo éxito do noso grupo de Teatro

17/07/2018

Como cada ano, chegada esta época a representación do noso grupo de teatro foi un momento para a convivencia dos amigos e amigas de Sarela. Esa tarde puidemos ver o traballo de meses que recaeu sobre todo nas actuais persoas usuarias dos nosos servizos ou que o foron nalgún momento.

A sala Mozart do Auditorio de Galicia quedou pequena para o público que acompañou a representación de Neflis-Sarela, a sexta obra do noso grupo de teatro. Persoas con dano cerebral, familiares, voluntarios/as e profesionais participaron na representación, no apoio técnico, na elaboración do decorado, gravación de vídeos etc.

 

Este ano a representación tivo moitas novidades respecto ao de anos anteriores. A escenografía apoiouse en proxeccións para ambientar as diferentes escenas que conforman Neflis-Sarela e moitos actores e actrices substituíron a súa presenza por vídeos que encaixaban perfectamente na narrativa.

 

Neflis-Sarela é a nova televisión en liña de Sarela e o público debía elixir a mellor das series que se proxectan nesa plataforma: Verán Anil, Xogo de Cadeiras, Corrupción en Sarela, Revista de Familia e DAC “Doentes até os c…”.

 

A preparación da obra levou meses de preparación desde a elección do tema a desenvolver, a redacción do guión, os ensaios, deseño de escenografía e vestiarios etc. Moito deste traballo desenvólvese nos servizos da asociación como o centro de día e é unha forma de levar á práctica terapias que teñen que ver coa memoria, a mellora da vocalización, o desenvolvemento de rutinas etc.

 

Esta foi a sexta obra creada e interpretada polo grupo de teatro. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate”  e o ano pasado “Amar en tempos de Sarela”.

 

 

    Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela Teatro 2018. Neflis-Sarela
Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información