• servizos sarela 795x180

Noticias

Novo número do noso boletín Facendo Camiño

Novo número do noso boletín Facendo Camiño

Estamos a distribuír e xa se pode descargar o número 20 de Facendo Camiño, o boletín informativo de Sarela. Neste número facemos balance do traballo desenvolvido nos concellos da área sanitaria de Santiago a través do Programa de Intervención comunitaria que naceu para achegar a información e coordinar recursos nos 46 concellos que a conforman.

 

Tamén recollemos a información sobre senllos estudios de Fegadace e a Sociedade Española de Neuroloxía en relación á atención ao ictus. As páxinas centrais están dedicadas a facer un resumo da actividade institucional e dos servizos da entidade e aos obxectivos que o movemento asociativo do DCA se marcou para que a que é a primeira causa de discapacidade e dependencia acade o recoñecemento que merece. No boletín tamén hai espazo para facer un pequeno resumo da nosa participación nas federacións galega e española de dano cerebral ás que pertencemos.

 

Podes descargar este número aquí.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.