Editado un novo número dos Cadernos FEDACE sobre dano cerebral

18/02/2014

Publicación sobre o deseño de obradoiros de inclusión social para persoas con DCA

A Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) publicou un novo tomo da colección Cadernos FEDACE sobre dano cerebral, que alcanza o seu número 15. A publicación, froito do traballo de profesionais de entidades federadas, leva por título Deseño de talleres para o desenvolvemento persoal e a inclusión social das persoas con DCA.

 

Os 'Talleres FEDACE sobre Dano Cerebral' reuniron durante 2013 a 22 profesionais de 18 asociacións integradas na Federación Española de Dano Cerebral. A temática destes encontros foron os proxectos desenvolvidos nas asociacións que están orientados a mellorar a integración sociocomunitaria das persoas con dano cerebral a través do seu adestramento e da actividade ocupacional. Habitualmente, o formato destas actividades recibe o nome de "obradoiros de intervención".

 

Ao longo dos encontros de 2013, os profesionais conceptualizaron unha metodoloxía para os talleres de intervención coas persoas con DCA. Esta metodoloxía foi consensuada por todos os participantes, de diferentes perfís técnicos e académicos, logrando así definir os pasos que se deben seguir na planificación dos talleres atendendo a estándares de calidade.

 

O Caderno FEDACE nº 15 Deseño de talleres para o desenvolvemento persoal e a inclusión das persoas con DCA recolle eses aspectos consensuados. Na publicación participaron tamén, como coordinadores do taller, José Antonio Mondragón; director xeral de Factoría Arte e Desenvolvemento; e Ana Abad, Secretaria da Asociación Profesional Española de Terapeutas Ocupacionais.

 

A publicación establece as boas prácticas que deben terse en conta á hora de aplicar a metodoloxía acordada para estes talleres; e propón nove modelos de actividades axustados á realidade das asociacións e ás necesidades das persoas con dano cerebral. Establecer estes criterios permitirá que unha actividade tan importante no proceso de promoción da autonomía persoal e de inclusión social das persoas con dano cerebral, como é este tipo de taller, se realice con calidade e garantindo a súa adecuación ás necesidades de cada persoa con DCA.

 

O caderno está dispoñible para descarga na sección "publicacións" da web de FEDACE (www.fedace.org). O programa 'Talleres FEDACE sobre Dano Cerebral' e a publicación da colección 'Cadernos FEDACE sobre dano cerebral' é posible grazas á colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; de Fundación ONCE e da Fundación Gmp.

 

*Información extraída da páxina web de FEDACE.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información