Entrevista sobre os obradoiros de Sarela

09/01/2014

Ibana Varela fala en Convivir en Igualdade sobre o traballo en manualidades das persoas con dano cerebral.

Ibana Varela, responsábel dos obradoiros de manualidades de Sarela, respondeu a unha entrevista no programa da Radio Galega Convivir en Igualdade sobre o traballo que as persoas con dano cerebral desenvolven nos mesmos.

 

A entrevista realizouse con motivo da XV Xornada de Sensibilización na Comunidade de Sarela, que se celebrou o pasado 20 de decembro no centro comercial Área Central, en Santiago. Na xornada, usuarios e usuarias da asociación, xunto con persoal técnico, familiares e voluntariado, expuxeron o material elaborado nos obradoiros de manualidades.

 

Ao longo da conversa, Ibana Varela -na imaxe, tralo mostrador do posto- e o locutor Pepe Carreira explican en que consisten estes obradoiros e o por que da súa importancia para o desenvolvemento das persoas con dano cerebral.

 

Pódese oír a partir do minuto 21:11 nesta ligazón: Convivir en Igualdade.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información