O concello renova o seu convenio con Sarela

27/06/2014

Santiago de Compostela volve conceder 2.000 euros á asociación.

O concello de Santiago de Compostela aprobou onte en xunta de goberno a renovación de convenios de servizos sociais con diferentes asociacións da cidade.

No caso de Sarela, o convenio renóvase anualmente e destínase ao financiamento da actividade de voluntariado no Refuxio de Bando. Cada semana as persoas usuarias da Asociación de Dano cerebral de Compostela acoden ao refuxio de animais para practicar agility cos cans e para axudar no seu coidado e tamén en labores de administración do centro [na imaxe, dúas persoas usuarias trituran documentación nas oficinas do refuxio].

 

Esta actividade serve ás persoas con dano cerebral adquirido para reforzar a súa inclusión e as súas capacidades. A dotación do convenio municipal é de 2.000 euros.

Xunto co de Sarela, o concello aprobou outros 14 convenios con entidades sociais que desenvolven o seu labor no termo municipal. A concesión total ascende a 241.000 euros, repartidos entre as seguintes asociacións: Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, 7Fundación Secretariado Xitano, ASPAS, Fundación Andrea, Colexio de Avogados, Asociación Itinera, Centro Cultural Social Juan XXIII, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Asociación Banco de Alimentos Rías Altas, Cruz Vermella, Cáritas Diocesana, Asociación San Vicente de Paúl de Voluntarias da Caridade e Cociña Económica de Santiago.
 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información