Concerto de Compostela Solidaria será a favor de Sarela

14/11/2019

Compostela Solidaria é unha das moitas entidades sen ánimo de lucro que enriquecen a nosa cidade e que ten a particularidade que está integrada por persoas xubiladas. Unha das actividades que organizan ao longo do ano é o concerto solidario que reúne a varios grupos de música e cuxa recadación é destinada a outra entidade social. A boa noticia para Sarela é que este ano Compostela Solidaria doará a Sarela os cartos das entradas do concerto que se celebrará o 29 de decembro no auditorio Colexio La Salle.

O concerto de Compostela Solidaria chega este ano á súa quinta edición. O 29 de novembro, a partir das 20:00, oito grupos pasarán polo escenario do auditorio do colexio La Salle: V-Roc, The Music Stars, Los Potes, Zona Vella, Los Chelines, Alta Tensão, Los Fabulosos Weekend e Lagartos do Sarela. O concerto será presentado polos xornalistas Moncho Lemos e Ramón Castro.

As entradas poden mercarse, e tamén participar na fila 0, en Asthor Decoración (rúa da República de El Salvador, 30 ), A Reixa Tenda (rúa do Hórreo, 46) e Restaurante La Finca (Hotel San Jacobo-r/ San Lázaro 103).

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información