O Día do Dano Cerebral 2014 xa ten cartel

17/07/2014

Baseado nos debuxos de varias persoas usuarias de Renacer, a asociación de Ourense.

O 26 de outubro celebrarase o Día do Dano Cerebral, unha oportunidade para facer especial fincapé nas demandas e as necesidades do colectivo de familiares e persoas con dano cerebral. Para visibilizar este día, desde FEDACE organizamos un concurso de debuxo entre usuarios das entidades federadas. Este ano recibimos 150 debuxos desde 10 asociacións, entre os que seleccionamos os que formarán parte do cartel do Día do Dano Cerebral 2014.
 
As ilustracións gañadoras foron realizadas por Rafael González, Rosa Losada e Carmen Acuña; da asociación Renacer (Ourense). Aínda que se presentaron como obras independentes, a coincidencia do tema e o seu tratamento recordounos as múltiples caras que ten o Dano Cerebral Adquirido (DCA), así como as súas distintas causas e variadas secuelas. No noso país viven 420.000 persoas con DCA por mor dun ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor no cerebro ou por outras razóns. Estas persoas poden ter un conxunto amplo e variado de secuelas que dependen da gravidade da lesión, a zona do cerebro afectada, a velocidade de atención, o tempo en coma ou o temperán da rehabilitación. Son 420.000 persoas diferentes entre si pero que se enfrontan aos mesmos problemas: o "e agora... que?", como rehabilitarse, onde acudir, que facer coa volta ao fogar... múltiples dificultades con poucas solucións no sistema actual que igualan ao cidadán na falta de atención recibida.
 
Hai moitas caras no Dano Cerebral Adquirido, pero todas teñen a mesma mirada, que busca, a través da esperanza e o esforzo diario, lograr que unha vida salvada mereza ser vivida.
 
No Día do Dano Cerebral volveremos dirixirnos de xeito especial á sociedade e á Administración, insistindo en que as persoas con DCA precisamos:
 
  1. Que o Sistema Sanitario garanta a continuidade asistencial. Facilitando ás persoas con DCA o tratamento rehabilitador especializado que sexa necesario.
  2. A implantación dun plan de atención ao DCA, que defina con claridade os modelos de recursos, os protocolos de derivación e as necesidades a nivel territorial.
  3. O establecemento da figura do xestor de casos que oriente ás persoas con DCA e ás familias cara os recursos e servizos máis indicados nas distintas etapas da evolución.
  4. A activación dos recursos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia tendo en conta as necesidades específicas das persoas con DCA.
  5. A eliminación de barreiras que facilite a participación social das persoas con discapacidade por DCA, nos termos establecidos pola Convención Internacional de Nacións Unidas sobre os dereitos das Persoas con Discapacidade subscrita polo Goberno de España.
*A información e o cartel foron tomados da páxina web de FEDACE.
 
    Cartel do Día do DCA 2014

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información