O Día Internacional do Discapacidade esténdese a toda Galicia e unirá a 78 entidades "Baixo o mesmo paraugas"

18/11/2019

En Santiago o acto do día 3 de decembro será na Praza do Obradoiro ás 12:00 da mañá e está impulsado por Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asoc. de Pais de Persoas con Diversidade funcional de Teo) , Aspanaes (Asoc. de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista), Acem (Asoc. Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela.

O vindeiro martes 3 de decembro 78 entidades entidades sociais de toda Galicia celebraremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, que cada ano suma apoios e nesta edición por primeira vez celebrarase en todas as provincias galegas, con actos na Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense.

 

En Santiago o acto será na Praza do Obradoiro ás 12:00 da mañá e está impulsado por Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo) , Aspanaes (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista), Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela.

 

O acto, simultáneo en todas as cidades, consiste nunha concentración na que se dá lectura a un manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas con discapacidade e no que as persoas que representan ás diferentes organizacións len frases ou lemas mediante os cales mostran as súas peticións, desexos, sentimentos… dando voz así aos verdadeiros protagonistas dese día. Os asistentes portan paraugas de cores co obxectivo de dar unha maior visibilidade ao colectivo e a súa diversidade. Con estes paraugas, a iniciativa pretende representar unha sociedade plural e diversa, que acolle a todos por igual, sen diferenzas.

 

As asociacións convocantes representan en conxunto a unha base social de máis de 40.000 persoas entre persoas con discapacidae, familias, socios/as, voluntarios/as e profesionais. O obxectivo é que a cidadanía se sume á celebración da súa cidade acudindo a estes actos cun paraugas de cores.

 

 

Actos convocados o martes 3 de decembro:

 

  • Santiago de Compostela - Praza do Obradoiro - 12.00 h.

  • A Coruña - Praza de María Pita - 12.00 h.

  • Lugo - Praza Maior - 12.00 h.

  • Ourense - Praza Maior - 12.00 h.

  • Pontevedra - Praza da Ferrería - 12.00 h.

  • Vigo - Porto - 12.00 h.

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información