O I Festival moteiro The Juanted apoia a Sarela

03/06/2015

Este certame doará parte da súa recadación á asociación de dano cerebral de Compostela.

Os días 19 e 20 de xuño os moteiros e moteiras de toda Galicia teñen unha cita en Ordes no I Festival The Juanted. Este encontro conta cun amplo programa de actividades e un fin solidario: a recadación vaise destinar a Aspace (Asociación de Parálise Cerebral) e á Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela. A actividade está organiza por Os cilindros solidarios das motos.
 
O programa comeza o venres, 19 de xuño, cunha cea de benvida e concertos. O sábado 20 de xuño as actividades inícianse de mañá. Ás 12:30 está prevista unha actividade de slalom de obstáculos en cadeira de todas para participaren os membros de Aspace, Sarela, e calquera outra persoa con discapacidade que se queira achegar.
 
Pola tarde haberá un campionato de karting, unha saída da Ruta en Moto pola comarca de Ordes, unha cea e concertos. Todas as actividades serán no campo da feira de Ordes.
 
Existen diferentes prezos e modalidades de inscrición que se poden consultar no cartel do festival.
 
Sarela agradece a implicación solidaria do I Festival The Juanted e aproveita a cita para sensibilizar sobre a prevención do dano cerebral adquirido. Os accidentes de tráfico son a segunda das causas do DCA, polo que fomentar unha condución responsábel é unha prioridade para Sarela.
 
    Cartel I Festival The Juanted
Categorías: Sarela , Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información