O novo centro de Sarela está case listo

29/07/2014

Só está pendente a dotación interior de mobles e outros equipamentos.

O novo centro de Sarela, situado no barrio do Restollal, está case listo. A obra exterior está rematada; está pintado, cos chans e proteccións colocados, e limpo. As novas instalacións están listas para dotar de mobles, material terapéutico, e decoración. A continuación, un breve repaso por algunhas das súas estancias:
 
1. Porta principal. Vista desde o interior do recibidor da porta principal. O acceso está a ras de chan e a porta ten apertura automática e anchura suficiente para garantir o acceso de calquera persoa con mobilidade reducida.
 
Porta principal
 
2. Corredor. Corredor interior que serve de distribuidor dos diferentes espazos comúns e de tratamentos. As dúas portas centrais son dous dos cuartos de baño adaptados.
 
Corredor
 
3. Cociña. Na imaxe, desde o exterior, oficios seco e húmido da cociña do centro. Con moita luz e moi boa ventilación, dispoñen tamén de varios almacéns para alimentos e menaxe.
 
Cociñas
 
4. Comedor. Desde a cociña accédese ao comedor e sala polivalente. En breve vai dispoñer de mesas e de asentos apilábeis que deixen espazo para a colocación das cadeiras de rodas que sexa necesario.
 
Comedor
 
5. Ventás do comedor. Todas as estancias do centro son exteriores e contan con grandes ventás que aportan moita luz natural.
 
Ventás do comedor
 
6. Acceso a tratamentos. A porta da imaxe abre o acceso a varias salas de rehabilitación e tratamentos. Os marcos das portas están protexidos cun reforzo metálico para evitar as rozaduras das cadeiras de rodas. As portas son corredeiras para falicitar o seu uso.
 
Porta interior
 
7. Sala de curas. Pequena sala de curas para o persoal de enfermería.
 
Sala de curas
 
8. Cuarto de baño. Todos os baños do centro están adaptados como indican os estándares de accesibilidade. Un deles vai contar, ademais, cunha padiola e unha grúa para facilitar o aseo das persoas máis dependentes.
 
Cuarto de baño
 
9. Sala multisensorial. Inicio da montaxe da sala multisensorial, a única do centro que leva chan de parqué. Nos paquetes están os recursos e materiais que se empregarán para a rehabilitación nesta sala... Moi prontiño poderase ver o resultado final!
 
Montaxe da sala multisensorial

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información