Outes, O Pino e Arzúa, próximas charlas para informar á poboación sobre o dano cerebral adquirido

16/02/2018

O encontro en Outes será o xoves 22 ás 18:30 horas no centro de Saúde e no Pino o venres 23 ás 18 horas no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. Xa en marzo, en Arzúa estaremos o venres 9 ás 12 horas da mañá na Capela da Madanela. Nesta última cita a xente interesada deberá inscribirse previamente no Departamento de Servizos Socias situados na Casa do Concello.

A aposta de Sarela por levar toda a información que a poboación precisa sobre o dano cerebral adquirido terá continuidade nas vindeiras semanas con novas charlas nalgún dos 46 concellos que integran a área sanitaria de Santiago. Nos concellos de Outes, O Pino e Arzúa estaremos o 22 e 23 de febreiro e o 9 de marzo respectivamente para falar das causas principais (ictus, traumatismos etc) do dano cerebral así como dar consellos sobre prevención e pautas sobre os coidados e atención das persoas con dano cerebral adquirido.

O encontro en Outes será o xoves 22 de febreiro ás 18:30 horas no centro de Saúde e o do Pino o venres 23 ás 18 horas no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. En Arzúa estaremos o venres 9 de marzo ás 12 horas da mañá na Capela da Madanela. Nesta última cita a xente interesada deberá inscribirse previamente no Departamento de Servizos Socias situados na Casa do Concello.

 

Sarela quere con estar charlas concienciar á poboación sobre a que é a primeira causa de discapacidade e dependencia no noso país e aportar información de utilidade para aquelas persoas que teñan no seu entorno a unha persoa con DCA. Sarela ten detectado desde hai moito tempo que en xeral, e por motivos complexos, existe bastante descoñecemento do dano cerebral como discapacidade e, derivado disto, das necesidades de atención especializada que teñen estas persoas e dos recursos que para a mesma existen na actualidade.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: información

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información