O servizo se atención diúrna terapéutica poderá abrir a partir do 15 de xullo

03/07/2020

A Xunta de Galicia vén de anunciar que os centros de día e ocupacionais para persoas con discapacidade poderán prestar servizo a partir do 15 de xullo “sempre cumpran uns requisitos como é ter un protocolo específico de reactivación aprobado polos responsables da xestión da súa área sanitaria". Nesta información explicamos os condicionantes existentes para esa reapertura e o traballo realizado por Sarela.

A Xunta de Galicia vén de anunciar que os centros de día e ocupacionais para persoas con discapacidade poderán prestar servizo a partir do 15 de xullo “sempre cumpran uns requisitos como é ter un protocolo específico de reactivación aprobado polos responsables da xestión da súa área sanitaria”. 

En relación á apertura do noso Servizo de Atención Diúrna Terapética (SADT), as familias usuarias recibirán información directa do equipo de dirección en canto poidan ir aclarando determinadas cuestións coa Consellería de Política Social.

Dado o imprevisto do anuncio realizado onte pola Xunta de Galicia, unha vez estudados os requisitos sanitarios e as necesidades das familias, Sarela trasladará ao Sergas o seu protocolo de reactivación para o servizo de atención diúrna.

Temos que lembrar que o noso centro ven funcionando desde hai semanas coas máximas garantías sanitarias para realizar as terapias individuais de rehabilitación. A finais do mes de maio Sarela xa tiña elaborado un plan de actuación para traballar nun entorno seguro, formara ao equipo de profesionais a través da súa empresa de Prevención de Riscos Laborais, adquirira equipos e materias de protección (a través de doazón e compras) e adaptara o centro ás novas necesidades.

Polo comunicado da Xunta de Galicia enténdese que esta reapertura dependeu e depende dunha formación e da existencia dun bo protocolo de actuación. Sen entrar en mais detalles, neste momento, Sarela considera que as dificultades para reiniciar este servizo, está nos seguintes condicionantes:

  1. Primeiro, no temor das familias, que nos expresaron claramente, a que non non hai un criterio sanitario detrás de decisións tan importantes, e dada isa incerteza, agora non saben que facer.
  2. As familias e persoal do centro planificaron as “súas vidas” en base á unha decisión que parecía firme (a non apertura dos centros até o mes de setembro) conciliando, turnando vacacións con outros familiares etc.
  3. Hai familias que precisan de transporte adaptado e a súa dispoñibilidade a día de hoxe non está garantida. Desde Sarela volveuse a solicitar que se poida xustificar o desprazamento con factura de taxi adaptado ou co seu coche adaptado particular.
  4. A limitación de aforo, para garantir a distancia de seguridade. Hai que calcular este aforo tendo en conta tamén ao persoal, polo que non se trata de chegar a un 100% de ocupación de prazas, se non de ter en conta como flexibilizar as xornadas diarias para que poidan acudir todas as persoas usuarias. Neste sentido, a comunicación é de que en canto o centro reinicie a actividade, e se che chegue ao 100% de ocupación, a persoa que non poida ou non queira incorporarse (que unicamente será por medo) perde a praza pública á que ten dereito.

Sarela cumprirá coas esixencias requeridas, e fará todo o posible para tomar a mellor decisión de data de reapertura. 

A continuación podes consultar o protocolo de actuación de Sarela e o plan  de acción da Xunta de Galicia para  a prevención da Covid-19 .


 


 

 

pdf
  • Protocolo de actuación para a prevención da Covid-19 en Sarela
  • Baixar ficheiro
pdf
  • Plan de acción para a prevención do contaxio da Covid-19 en centros de día - Xunta de Galicia
  • Baixar ficheiro
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información