O voluntariado de Sarela amosa o seu traballo

01/07/2014

As persoas voluntarias colaboran en diferentes actividades da asociación.

As persoas voluntarias de Sarela elaboraron unha montaxe na que amosan, a través da fotografía e do vídeo, o seu traballo na asociación. Os labores que desenvolven van desde o apoio nas actividades de centro de día á participación en iniciativas de sensibilización ou o apoio administrativo.
 
O vídeo que presentan recolle imaxes do traballo realizado por Ana, Vanesa, Lucía, Luis, Raquel, Zeltia, Conchi e María. Pero estas non son todas as persoas voluntarias de Sarela: hai outras que realizan colaboracións puntuais ou que apoian noutros labores, como realizar fotografías ou axudar en traballos de xestión da asociación.
 
A montaxe que se presenta a continuación amosa o traballo en actividades do Centro de Día de Atención Especializada [como se ve na fotografía], como ximnasio ou piscina. Tamén aparece o apoio do voluntariado no teatro, informática, manualidades... E no respiro familiar que recentemente levou ás persoas usuarias de Sarela ao Bierzo
 
O voluntariado é unha das prioridades de traballo de Sarela. As persoas voluntarias colaboran dun xeito altruísta, complementando o traballo do persoal técnico da asociación, de maneira desinteresada e solidaria. A Asociación de Dano Cerebral de Compostela conta na web cun formulario para quen teña vontade, dispoñibilidade e gana de colaborar. Cubríndoo, a responsábel de voluntariado atenderá todas as necesidades e dúbidas das persoas interesadas.
 
Categorías: Sarela , Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información