A obra de teatro 'Sarela en Camiño' estréase o 27 de xuño

05/06/2014

María Mera presenta o acto no que tamén participa o actor Rubén Riós.

O grupo de teatro de Sarela presenta o 27 de xuño a súa nova produción no marco dunha gala solidaria coa entidade. O título da nova obra de teatro é 'Sarela en Camiño' e está protagonizada polas persoas usuarias da asociación de dano cerebral de Compostela.
 
O evento comeza ás 19:30 hh. e vai estar introducido pola actiz e presentadora María Mera, que se estrea en acto público como madriña de Sarela. A continuación as persoas usuarias de Sarela van interpretar a obra que crearon e que levan meses ensaiando: 'Sarela en Camiño'.
 
A representación teatral está protagonizada por máis de vinte persoas e narra as etapas do camiño de Santiago polas que van pasando os dous protagonistas. A súa camiñada lévaos por países, paisaxes e culturas diferentes, nas que se atopan con personaxes diversos. 
 
Ao final da súa andaina atoparán, tamén, a colaboración especial e solidaria do actor Rubén Riós.
 
O teatro forma parte das actividades de Sarela para a inclusión social das persoas con dano cerebral adquirido. A través da participación na obra os usuarios e usuarias da asociación poden amosar as súas capacidades e obter o recoñecemento do público.
 
A asistencia a este evento axuda, polo tanto, a promover a inclusión das persoas con dano cerebral de Sarela, ao tempo que se axuda economicamente á asociación. O prezo da entrada é de 6 euros, e tamén se pode colaborar facendo aportacións á fila 0: ES80 2080 5355 60 3040034346.
 
A obra de teatro vaise representar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela (Avenida do Burgo das Nacións, s/n), o venres, 27 de xuño, desde as 19:30 hh.
 
pdf
  • Cartel Sarela en Camiño
  • Cartel que anuncia a obra de teatro Sarela en Camiño, que se representa o 27 de xuño no Auditorio de Galicia.

  • Baixar ficheiro
    Cartel Sarela en Camiño
Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información