Obradoiro sobre DCA organizado pola Escola Galega de Saúde para cidadáns

13/09/2019

Será o martes 22 de outubro no Hospital Clínica de Santiago e a inscrición vía internet xa está aberta. Estará impartido por Ana Ruiz, terapeuta ocupacional en Sarela.

Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza no mes de outubro unha serie de sete obradoiros sobre o dano cerebral adquirido que van estar impartidos por profesionais das asociacións membro de FEGADACE e baseados na súa guía 'Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital', presentada en maio.

O obxectivo desta actividade formativa é mellorar as habilidades e coñecementos das persoas coidadoras, na liña de mellorar tanto a súa situación como familiares de persoas con dano cerebral como de mellorar a atención que finalmente reciben as persoas directamente afectadas. A guía na que se basean, que se repartirá en cada sesión, está ideada para apoiar nos primeiros momentos, mentres a persoa aínda está hospitalizada, proporcionando orientación e referencias para ampliar información, procurar recursos e preparar a volta ao fogar.

Os obradoiros previstos son sete, e terán lugar en cada unha das áreas sanitarias durante o mes de outubro. No caso de Santiago de Compostela, será o martes 22 de outubro de 16:30 a 19:30 no Hospital Clínico (aula 2). A docente será Ana Ruiz, terapeuta ocupacional en Sarela, e desenvolverá o seguinte programa:

 

  • Que é o dano cerebral adquirido? Estados alterados da conciencia.
  • Dereitos sanitarios e asistenciais.
  • A rehabilitación.
  • Estado afectivo e emocional. Comunicación coa persoa afectada.
  • Volta ao fogar. Recursos e axudas sociais.

 

A inscrición xa está aberta, e até o mesmo día do curso, e realízase vía internet neste enlace.

 

Categorías: Sarela , FEGADACE
Tags: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información